NOVO CHUAC SÍ ,  PERO NON AQUÍ

Ampliar en Eirís non é a mellor solución: 

- Zona de difícil acceso, pendentes, barreiras para persoas con mobilidade reducida, mal conectado co transporte interurbano, atrancos...

- Un vello hospital de 50 anos, mal estruturado, que non se adapta ás necesidades actuais nin futuras.

- Máis de 400.000.000 € só para parchear un hospital vello.

- Anos de obras, incompatibles con ciruxías das que o CHUAC é hospital de referencia, grave risco de infeccións como o Aspergillus: a mortalidade, costes humanos e económicos son elevados.

- Pechan Hospital Materno Teresa Herrera, Oncolóxico Labaca, e as consultas de especialidades en Ventorrillo e Abente y Lago.

- Modelo de concentración ineficiente que paraliza servizos e ciruxías nos picos da pandemia. 

- Só aumentan as camas dispoñibles nun 15%.

- Non hai transparencia, ocultan os informes en que se basea a decisión.

- Confusión mediática que non presenta a realidade: infografía dun proxecto “aínda inexistente” sobre un espazo plano e baleiro, fases do anterior Plan Director, limitando a dúas as alternativas de ubicación…

- E máis de 40 familias van ser desaloxadas das súas vivendas, sen ser escoitadas, sen recibir ningunha información.

OUTRO NOVO CHUAC É POSIBLE

- Un hospital novo, coma en outras áreas sanitarias.

- Un proxecto á altura dun hospital de referencia.

- Porque o merecen os grandes profesionais do CHUAC.

- Un hospital adaptado ás novas necesidades sanitarias.

- Funcional e seguro, preparado para o futuro.

- Evitando concentracións de servizos, que se mostran ineficientes en tempos de pandemia.

- Sen afectar á calidade asistencial, sen asumir riscos de infección polas obras.

- Nun emprazamento alternativo e accesible.

- Existen outras ubicacións, que poden ofrecer superficies adicionais para un crecemento futuro.

- Un proxecto sostible, respetuoso coa contorna, coa mínima afección á veciñanza, evitando expropiacións inxustas e inxustificadas.

- Menor custo en obras e reforzo en persoal e atención primaria.

- Renovación de tecnoloxías sanitarias que quedan obsoletas.

- Fomentando o debate público nunha decisión determinante para o futuro da Sanidade Pública e do modelo de cidade que queremos.

Menos Cemento, Máis Persoal #SanidadePública

Plataforma de afectadas pola ampliación do CHUAC

Contacto: 

En twitter: @afectados_chuac @ocampodafresa

email: plataformaafectadaschuac@gmail.com






 

Comentarios

Publicacións populares deste blog