A ASOCIACIÓN VECIÑAL DE EIRÍS presenta alegacións ó PIA (Proxecto de Interese Autonómico) de ampliación e renovación do “novo” CHUAC
A ASOCIACIÓN VECIÑAL DE EIRÍS presenta alegacións ó PIA (Proxecto de Interese Autonómico) de ampliación e renovación do “novo” CHUAC A Asociación Veciñal de Eirís, xunto coa Plataforma de afectadas pola ampliación do CHUAC ven de presentar as súas alegacións ó Proxecto de Interese Autonómico ( PIA, accede aquí ) de ampliación e renovación do “novo” CHUAC, e convida á cidadanía e ó tecido social da Coruña que a respalden. Poden descargar a nosa ALEGACIÓN aquí en PDF Toda a cidadanía da Área Sanitaria A Coruña-Cee verase afectada polas obras e polo peche do centro de Especialidades do Ventorrillo, o Hospital Materno-Infantil, o Hospital Oncolóxico, e de parte do Hospital Abente y Lago. A Xunta publicou a finais do pasado mes de xullo o PIA para a súa aprobación. Este mércores remata o prazo para presentar alegacións ó mesmo. Unha vez máis a Xunta sorpréndenos con cabriolas e enredos propios dunha novela televisiva de serie-B. Cambian o proxecto continuamente segundo conveña, tentan x