ASOCIACIÓN VECIÑAL DE EIRÍS 

Plataforma de afectadas pola ampliación do CHUAC 

A Xustiza danos a razón

Dende que en xaneiro do 2020 o entón presidente da Xunta de Galicia anunciou que a Xunta ía ampliar o CHUAC en Eirís, nos terreos colindantes co actual hospital, a Asociación de Veciñal Uxío Carré de Eirís e as propietarias e propietarios afectados manifestaron o seu rexeitamento a facelo nesa ubicación e a necesidade de que a Área Sanitaria da Coruña-Cee contase con un hospital nuevo noutra ubicación no Concello da Coruña. 

A Xunta barallara diferentes localizaciós, e o aprobar o "Plan Funcional e de Espazos do CHUAC", o 15 de outubro do 2020, decidiu que o novo hospital construiríase nos terreos da antiga Fábrica de Armas. 

O 23 de decembro do mismo ano, mediante un procedemento de "corrección de erros", acordaron finalmente que o CHUAC se ampliase nos terrenos de Eirís. A Asociación Veciñal, e as propietarias afectadas, decidiron nese momento encargar ó seu abogado, Jorge Pérez Maldonado, do despacho Lumieira, que recurrise en vía xudicial os acordos do SERGAS anteriormente citados. 

Finalmente, o Xulgado do Contencioso-Administrativo Número 1 de Santiago de Compostela ,en sentencia do 29 de setembro, deu a razón á veciñanza e anula as resolucións da Xunta na decisión de que se faga unha ampliación do CHUAC en Eirís. A xuíza considera que non estaban suficientemente xustificadas nin motivadas. 

Con independencia do recurso que poida presentar a administración contra esta sentencia, a Asociación Vecinal Uxío Carré de Eirís xa encargou o recurso en vía judicial do acordo do Consello da Xunta do 5 de outubro pasado que aproba o Proxecto de Interese Autonómico do "NOVO" CHUAC. Con estas actuacións, a veciñanza de Eirís segue defendendo que a mellor decisión para o interés xeral sería construir un novo hospital nalguna das diferentes localizacións que se propuxeron dentro do Concello da Coruña. De terse feito así, nestes 3 anos podiamos ter xa construído un Hospital Novo. 

Demóstrase que, como levamos 3 anos denunciando, esta foi dende un principio unha decisión política, e non por motivos técnicos nin sanitarios, polo que confiamos en que Xunta e Concello da Coruña se senten de novo e decidan facer un verdadeiro Hospital Novo para a Área da Coruña-Cee. 


Mónica Díaz, Presidenta da AVV e Voceira da Plataforma 

TC 604 03 28 32 / avveiris@gmail.com 

A Coruña 17 de outubro de 2023

Comentarios

Publicacións populares deste blog