A ASOCIACIÓN VECIÑAL DE EIRÍS presenta alegacións ó PIA (Proxecto de Interese Autonómico) de ampliación e renovación do “novo” CHUAC

 A  ASOCIACIÓN VECIÑAL DE EIRÍS presenta alegacións ó PIA (Proxecto de Interese Autonómico) de ampliación e renovación do “novo” CHUAC

A Asociación Veciñal de Eirís, xunto coa Plataforma de afectadas pola ampliación do CHUAC ven de presentar as súas alegacións ó Proxecto de Interese Autonómico (PIA, accede aquí) de ampliación e renovación do “novo” CHUAC, e convida á cidadanía e ó tecido social da Coruña que a respalden.

Poden descargar a nosa ALEGACIÓN aquí en PDF

Toda a cidadanía da Área Sanitaria A Coruña-Cee verase afectada polas obras e polo peche do centro de Especialidades do Ventorrillo, o Hospital Materno-Infantil, o Hospital Oncolóxico, e de parte do Hospital Abente y Lago.

A Xunta publicou a finais do pasado mes de xullo o PIA para a súa aprobación. Este mércores remata o prazo para presentar alegacións ó mesmo.

Unha vez máis a Xunta sorpréndenos con cabriolas e enredos propios dunha novela televisiva de serie-B. Cambian o proxecto continuamente segundo conveña, tentan xustificar o inxustificable en recentes cambios lexislativos que tampouco respectan. Deciden tramitar todo a través dun PIA, que pode aprobar a Xunta directamente sen contar co Concello da Coruña (aínda que pague unha parte). Argumentan que así debe ser. Pero logo parte dos viáis pretenden que se modifiquen nun pleno do Concello, saltando o procedemento para “axilizar”.

Sáltanse a normativa medioambiental, enmascarado todo nun procedemento “SIMPLIFICADO” que acurta o proceso para evitar ter que cumprir coa lexislación vixente, para calzar un monstruo de formigón o dobre de grande que o actual, e rodeado de viáis en altura no alto dun monte, que será visible dende Oleiros (ata Mera), Culleredo e Cambre, e que ameazará dende o alto a quen mire dende o areal de Santa Cristina e toda a ría, pero tamén dende o Parque de Eirís e de boa parte da cidade.

Monstruo que levará por diante como mínimo 22 vivendas, restos arqueolóxicos, a Lagoa do Parque de Eirís e grande parte do propio parque, fontes, árbores,... Incomunicando tamén a parte baixa do mesmo, e as Hortas Municipáis.

E finalmente farán o contrario do anunciado: nin rematar en 2025, nin humanizar nin dar accesibilidade, nin hospital novo, nin luz natural na metade das habitacións (obvio, a metade están en sombra sempre.....) porque nada diso é posible onde está. Levan 3 anos para facer as obras de reforma na 4ª planta (antigas urxencias) e non van nin na metade!!

Só hai un camiño para cumprir o que prometen: facendo un Hospital novo de verdade, nun espazo aberto, que poidan ampliar se se precisa. E así trasladar persoal e doentes cando estea rematado, e non facer convivir obras no CHUAC 15 anos máis, para chamarlle “Novo CHUAC” a un hospital con 65 anos!!

Cada día con máis razón, NOVO CHUAC SI, PERO NON ASÍ, NON AQUÍ !

Un saúdo!

Mónica Díaz, Presidenta da AVV e Voceira da Plataforma.

TC 604 03 28 32 / avveiris@gmail.com                                                  A Coruña 29 de Agosto de 2022

Comentarios

Publicacións populares deste blog