Apoia o noso MANIFESTO

Apoia o noso  MANIFESTO



Manifesto por un Hospital Novo

para a área Sanitaria A Coruña-Cee


A Plataforma de afectadas pola ampliación do CHUAC,

e a ASOCIACIÓN VECIÑAL DE EIRÍS “UXÍO CARRÉ”,

co apoio das entidades abaixo asinantes,


Reclamamos:


Un Hospital Novo de VERDADE, para a Área Sanitaria A Coruña- Cee, como os teñen en Santiago, Lugo e Vigo, nunha ubicación máis axeitada, ampla, ben comunicada e sen pendentes imposibles como ten o actual. Sen concentración hospitalaria, que si sexa compatible con pandemias, coma o Covid, e que poida adaptarse ó que poida vir no futuro.


Transparencia e menos precipitación nas tomas de decisións sobre unha inversión superior a 430 millóns de euros e que afecta a máis de 500,000 persoas.


Non ó peche de varios hospitais imprescindibles como o Hospital Materno Infantil Teresa Herrera, o Centro Oncolóxico, o Centro de Especialidades do Ventorrillo e parte do Hospital Abente y Lago.


O CHUAC foi inaugurado o 21 de agosto de 1972. Xa en 2005 inician a reforma e ampliación co Plan Director do CHUAC, que pretendían finalizar en 2013 con unha inversión de case 244millóns. A día de hoxe, 16 anos de obras e molestias máis tarde, están aínda co Plan Director, chámanlle “Fase 0 do novo CHUAC” e prevén que dure 2 anos máis. E só será o 65% do previsto en 2005. E logo empatarán coa reforma e ampliación que agora anuncian. O vello CHUAC xa nunca será NOVO. Por grande que sexa o cartel que lle poñan.


5º Non se pode facer convivir doentes, profesionais da sanidade, quirófanos,UCIs, durante anos coas obras, perforacións, fendas, po,ruídos, vibracións, e perigos biolóxicos asociados ás obras cando se pode evitar nunha nova ubicación.


6º Evitar que arrasen con parte do barrio de Eirís para moldear un entorno que, fagan o que fagan, (tamén se expropian as 45 vivendas ameazadas) seguirá sendo de difícil acceso e mal comunicado.


7º Utilizar os fondos provenientes da Unión Europea para mellorar as Infraestruturas Sanitarias, con un Hospital Novo, con tecnoloxía avanzada, preparado e adaptado para futuras pandemias e para enfermidades crónicas e agudas, con un sistema de ventilación adecuado, amplo, adaptado para calquera tipo de mobilidade, con acceso para bombeiros...


Dotar do persoal necesario á Sanidade Pública, rematar coa precariedade, e recuperar, afortalar e dotar de medios e persoal a Atención Primaria e os PACS, xa que é como mellor se pode garantir unha sanidade pública de calidade, en vez de seguir ampliando urxencias.


Por todo o exposto, pedimos o apoio de toda a cidadanía da Coruña e da Área sanitaria A Coruña -Cee, de tódolos sectores profesionais implicados coa formación, investigación e atención sanitaria, de tódolos movementos sociais, plataformas cívicas, asociacións de pacientes, veciñais, etc que dun ou doutro xeito se verán afectadas por este proxecto equivocado.


Por 431 millóns de euros será unha das inversións más importantes na Coruña, e quedará para as vindeiras xeracións. Este é o momento no que, entre todas, podemos facer algo para mellorala e evitar tropezar dúas veces na mesma rocha. Co tempo será obvio que este proxecto é insostible, inviable e irreparable.


MENOS CEMENTO E MÁIS PERSOAL.

NOVO CHUAC SI PERO NON ASÍ, NON AQUÍ.


Para apoialo, envíanos un correo cos datos da entidade a 

plataformaafectadaschuac@gmail.com

Ou enche este formulario: https://forms.gle/489itviJztFa9hTBA



Organizacións que apoian (seguiremos subindo segundo vaian chegando apoios):


Xunta de Persoal do CHUAC e Área Sanitaria da Coruña

Avv de Pedralonga

Avv Oza Gaiteira Os Castros

Avv de Palavea “Os nosos lares”

Asociación veciñal do barrio da Agra do Orzán "Agra"

Avv Castrillón-Soto Iar

Avv Feáns

Comisións Obreiras

Confederación Intersindical Galega

Unión Xeral de Traballadores

Plataforma pola defensa do tren da Coruña – As Mariñas

Modepen (Movemento en defensa das pensións e Servizos Públicos

Comisión en Defensa do Común

Centro Comercial Urban Agra Barcelona

Affinor (Asociación de fibromialxia e fatiga crónica)

Clube Deportivo Caminos

Podemos

Rebeldía Galicia

Comentarios

Publicacións populares deste blog